Ola, que tal?
Chámome Carla López. Son músico, musicoterapeuta, e especialista en educación musical, con máis de vinte anos de experiencia profesional, e directora do meu centro, ao que quero abrirche a porta. Podes deixar o paraugas aí ao lado, grazas.
Ofrecemos ...
… benestar, disfrute e creatividade a base de música dende fai máis de dez anos. Está claro que a música non se come (a non ser que confundas un disco cunha rosquilla e a molles no café), pero enche moito. En MTA queremos brindarche un espazo onde, sen ningún coñecemento musical previo, poidas expresarte musicalmente para mellorar a túa calidade de vida, sentirte ben, disfrutar e desenvolver o teu lado creativo.
Actividades ...
… como a nosa teñen un sinxelo obxectivo: ti (e os demais tamén). A música pode ser unha compañeira de vida moi saudábel e por iso somos especialistas en ofrecerche o mellor acompañamento musical posíbel.
A música é un dos medios de comunicación máis especiais que temos ao noso dispor. É importante que cada persoa atope o xeito de expresarse con ela con liberdade. A nosa misión é crear un espazo coas condicións adecuadas para que iso poida acontecer.
Sesións individuais
Traballamos con moito agarimo e de xeito personalizado en cada caso. Diversidade funcional, trastornos do desenvolvemento e da comunicación, TEA..
Sesións grupais
No noso ”Obradoiro de creatividade musical” a partir dos 3 anos. Un espazo de exploración, xogo e aprendizaxe a base de música.
Formación para profesionais
Porque sabemos que a formación continua é indispensábel. Reserva unha mentoría comigo ou accede aos cursos online.
Charlas e obradoiros
Por se queres levarnos contigo ao teu centro, espazo ou á fin do mundo. Carla é especialista en (e ademáis encántalle) falar e falar, contar contos, improvisar e viaxar.
Fermosas palabras cheas de música compartida...
Contacta ...
… pregunta o que queiras ou pide máis información por teléfono, WhatsApp, e-mail ou usando este formulario. Responderemos na maior brevidade posíbel. Se prefires visitarnos, podes facelo con cita previa. Tés máis abaixo a nosa ubicación. Grazas por vir. E non esquezas o paraugas.
r/Santa Catalina, nº 16-18-20, 1ºC, A Coruña
email: info@musicoterapiactiva.com
WhatsApp ou tlf: 635 426 766