A cantante e logopeda Paula Rey volve estar en Musicoterapiactiva para ofrecernos unha xornada onde unha vez máis a voz será a protagonista.
Dun xeito agarimoso, afable e distendido, cualidades que caracterizan a esta grande profesional, vanse levar a cabo distintas propostas para favorecer un achegamento á sensibilización no correcto uso da voz, do seu mimo e coidado.
As prazas son moi limitadas xa que o grupo será moi reducido para poder garantir una atención máis personalizada.
Profesionais do uso da voz, non perdades esta nova oportunidade!
Data límite para inscribirse:
28 de Xaneiro
Para máis información e reservas:
635426766
info@musicoterapiactiva.com